Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela agarda ó Porriño Industrial confiando en que “o alumno supere ó mestre”

RR_Noticias

  Juan Casales, o técnico do Chapela, recoñece que Antonio Gómez, no banco do Porriño, foi “o seu mellor adestrador” nos tempos que el era xogador. Agora confía en demostrar no terreo de xogo que pode superalo e sumar tres puntos vitais para garantir a permanencia na Primeira Autonómica. Logo da vitoria no campo do Salvaterra, o equipo redondelán está fóra dos postos de descenso.  

Os tres puntos que sumou o Chapela a pasada xornada en Salvaterra foron “vitais” para Juan Casales. O equipo demostrou ter calidade diante dun dos rivais máis fortes do grupo, e ten mellorado moito desde a chegada do novo adestrador, sobre todo no plano defensivo. Agora teñen por baixo a cinco equipos, pero as dúbidas sobre o número de equipos que deberán descender esta temporada non ofrecen tranquilidade. Quedan en xogo tres xornadas, e a situación do Chapela “é mellor que a dos seus rivais directos”, segundo Casales, xa que xogarán dous partidos como locais. O primeiro en visitar Chapela será o Porriño Industrial. O equipo que adestra Antonio Gómez é un dos máis fortes do grupo, aínda que ten case descartado o ascenso. Para o técnico redondelán Gómez foi “o mellor adestrador” que tivo na súa longa carreira como futbolista, pero confía en que nesta ocasión “o alumno poida superar ó mestre”. Con ese optimismo afronta o partido do domingo, co que agarda poder consolidar ó Chapela fóra dos postos de descenso. Logo terán que visitar o campo do Gondomar, que podería estar pelexando polo ascenso, e despedirán a liga na casa co Sp. Guardés, que na última xornada podería estar xa matematicamente descendido.  

Juan Casales adestrador
O técnico valora a melloría experimentada polo equipo no plano defensivo.
Chapela-Porriño Ind.
Casales confía en superar ó seu mestre Antonio Gómez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará