Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para se inscribir nos cursos de informática en Redondela e Chapela

RR_Noticias

 As persoas interesadas deben inscribirse nas aulas Cemit de Redondela e Chapela antes da data de inicio, prevista para o 2 de maio. En total impartiranse tres cursos trimestrais e dous seminarios mensuais, nos que os asistentes poderán achegarse ás novas tecnoloxías. 
 

Os cursos, de catro horas semanais repartidos en dous días dúas horas cada día, terán unha duración de tres meses. Neste trimestre os interesados poden elixir entre os cursos de alfabetización dixital, no que se fai unha introdución á informática e a internet sen necesidade de coñecementos previos, o curso de tarefas básicas de oficina no que alumno aprenderá a manexar un procesador de textos e unha base de datos e un curso de introdución á contabilidade.
O custe destas actividades é de 39 euros e o prazo de inscrición, que está xa aberto, manterase ata cubrir as prazas existentes.
Máis económicos son os obradoiros mensuais de busca de emprego por internet e navegación na rede, cun custe de 13 euros, e onde o alumno aprenderá a moverse neste e facilitaráselle ás persoas que buscan emprego unha mellor e maior adaptabilidade a un novo escenario do mercado laboral como son as novas tecnoloxías.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará