Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Invivo vence no V concurso de maquetas e tocará no Festival Alternativo Millo Verde

RR_Noticias

O público asistente ao concerto celebrado o pasado venres na antiga feira do gando de Redondela foi o encargado cos seus votos de elixir ao gañador da V edición do concurso de maquetas Millo Verde. Eran tres as agrupacións a concurso xa que xunto aos gañadores foran tamén preseleccionados Crying Wolves e A Cona Ye Ye.

O público que a pesar do mal tempo se achegou ao concerto foi quen decidiu cos seus votos dar o premio a agrupación santiaguesa Invivo. Unha banda de transmetal formada no 2006 e composta por Mario César á voz e guitarrra, Roberto Couto ás guitarras, Roberto Filgueira no baixo e segundas voces e Ricargo González á batería, que se fan así cos 300 euros do premio ademais de pasar a formar parte do cartel do VI Festival Alternativo millo Verde que se vai celebrar os días 1 e 2 de xuño en Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará