Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

60 nenos participan dos obradoiros de Semana Santa en Pousadouro

RR_Noticias

A actividade, organizada pola Concellería de Serivzos Sociais, está impartida pola Asociación Xoeira, e persegue facilitar a conciliación da vida laboral e familiar nestas datas de vacacións para os cativos así como educar en igualdade aos participantes.

En total son 60 as prazas ofertadas -hai tan só dúas vacantes-  e están orientadas a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos. Os obradoiros desenvolverante en horario de mañá dende hoxe ata o mércores e o vindeiro luns día 9. Os máis cativos son os máis participativos, segundo nos contaba unha das monitoras, Mirian Lamas, quen explicaba ademais que os xardíns de Posadouro e o propio Pazo son lugares idóneos para desenvolver actividades ao aire libre. Os nenos centrarán estas xornadas en diferentes obradoiros onde se traballará o respecto ao medio ambiente, con talleres de reciclaxe con material de refugallo, así como actividades de fomento da igualdade.  

Mirian Lamas. Xoeira
Os nenos participan de diferentes obradoiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará