Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preto de 800 rapaces participan no V Torneo Internacional de Fútbol 7 Alevín de Redondela

RR_Noticias

    Equipos alevíns de Portugal e Irlanda, xunto con diferentes clubs galegos e do resto de España daranse cita esta Semana Santa no Campo de Fútbol de Santa Mariña. A Escola de fútbol Base de Redondela pon en marcha o V Torneo Internacional de Fútbol 7 Alevín. Unha festa para os máis de 780 rapaces de entre 10 e 11 anos que participan no evento. O mércores, día 4 de abril, dispútase a fase previa, e a de grupos o xoves día 5.  

Un ano máis, Redondela acolle o Torneo Internacional de Fútbol 7 Alevín. Nesta quinta edición a organización, da Escola de Fútbol Base Redondela, conseguiu reunir algunhas das mellores canteiras europeas. De Portugal chegan Benfica, Sporting Clube de Portugal e F.C. Porto. Como novidade estará o equipo irlandés Mount Merrion, de Dublín. Da liga española repiten nomes importantes como Sporting de Xixón, vixente campión, Deportivo da Coruña, Celta, Puertollano e Ourense, e outros que se incorporan por primeira vez á cita, como o Athletic Club de Bilbao, Real Oviedo e Cartaxena. Jose Manuel Santos, da directiva da Escola de Fútbol Base, salienta “a boa acollida” deste torneo, que se consolida como unha das citas máis interesantes nesta categoría. Proba diso é que cada ano reciben máis solicitudes de clubs da bisbarra para participar. Isto obrigou á organización a ampliar o calendario da fase previa, con 24 equipos, “para non deixar a ningún fóra”. Trátase dunha verdadeira “festa do fútbol” para os rapaces, que ademais de practicar o seu deporte favorito teñen a oportunidade de vivir “unha experiencia única”, uns días de convivencia con centos de rapaces de procedencias moi distintas. A fase previa se desenvolverá o mércores 4 de abril e o xoves 5 de abril pola mañá. No grupo A coinciden Coruxo, Vitoria, Choco e Vigo Vigo2015. No B, mídense Santa Mariña, Balaídos, Celanova e Porriño Industrial. No C, loitarán por un posto na seguinte rolda E.D. Val Miñor, Vella, Figueirido e Redondela A; mentres que o D estará formado por Vila de Corpus, Porriño B, Poboa C e Arcade. Finalmente, o grupo E está composto por E.F. Moañesa, San Miguel, Barbadás e Redondela B; e o F, por Chapela, Alondras, S. Corazón e Ponteareas. O primeiro de cada un destes seis grupos accederá á fase final. E cada ano “hai máis nivel” segundo explica Santos, polo que a competitividade será maior, con interesantes derbis como o Celta-Depor ou o Sp.Xixón-Oviedo. Os equipos amosan cada vez máis calidade, e o Torneo é tamén un excelente escaparate para os xogadores máis destacados. A fase de grupos dispútase entre o xoves pola tarde, a partir das 16.00 horas, e o venres, día 6, pola mañá, desde as 10.00 horas. Os cruzamentos decisivos, correspondentes á fase final, os oitavos, cuartos e semifinais, produciranse pola tarde (desde as 16.30) e o sábado, día 7 (tamén a partir das 10.00). A gran final está programada para as 18.30 horas. Sporting de Xixón, Montañeiros e E.F. Lalín esperan rival da previa no grupo A; mentres que Celta, At. C. Alferense e Ponte Ourense coinciden no B. O C está formado por Deportivo, Las Rozas e Ourense; o D, por Sportig de Lisboa, Cartaxena e Redondela B; o E, por Athletic, Mount Merrion YFC e Redondela A; o F, por Benfica, Oviedo Pontevedra e Boiro; e o G, por Porto, Puertollano e E. F. Porteiro 2000.    

Jose Manuel Santos directivo
O Torneo está consolidado e cada ano contan con máis solicitudes para participar.
Equipos de gran calidade
O Torneo contará este ano con máis rivalidade entre equipos de alto nivel.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará