Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mocións gañan peso nunha orde do día baleira de contido logo da retirada dos orzamentos

RR_Noticias

O pleno debaterá entre outras unha moción da Agrupación de Electores na que  solicitan a retirada das placas que alcaldes, presidentes de autonomías e doutras administracións colocan nas diferentes infraestruturas que se rematan durante o seu mandado e as veces “incluso cando non se rematan”. Entenden que unha placa unipersoal só tería sentido para recoñecer a un particular que dona os seus cartos para unha determinada obra “pero non cando se fai cos cartos de todos os veciños”.

Un costume que leva a que centros deportivos, centros de saúde, bibliotecas e, en definitiva, centros públicos que son levados a cabo cos cartos de todos e en moitos casos logo de anos de loita dos propios veciños na rúa, acaben cunha placa unipersoal “co nome do mandatario do momento para o seu gozo”
Dende AER consideran que non hai razón algunha para a colocación destas placas que en toda caso de se colocaren deberían contar só co ano de inauguración ou incluso cun recoñecemento dos veciños. Insistente en que a colocación dunha placa unipersoal só tería sentido “cando un particular dona os cartos para unha determinada obra pero non cando se fai cos cartos de tódolos veciños”.  Por estes motivos solicitan que no concello de Redondela non se coloque en ningún centro público unha placa inaugurativa unipersoal de ningún mandatario así como a retirada de todas as placas unipersoais existentes nas infraestruturas nas que o concello teña potestade.
Solicitan tamén que se inste a retirada destas placas  en infraestruturas públicas sitas no concello que dependan doutras administracións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará