Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colectivo Despiste quere mobilizar á cidadanía ante a folga xeral

RR_Noticias

O colectivo convoca unha asemblea aberta que terá lugar na casa da cultura o mércores 14 ás 20:30 horas co obxectivo de traballar de cara a “transformar o inmobilismo da sociedade actual” e poñer en marcha accións continuadas no tempo ante as políticas neoliberais dos gobernos.

Esta formación fai un chamamento a todos os colectivos e á cidadanía para que se acheguen a esta asemblea na que se analizará a situación económica, política e social que estamos vivindo, nun contexto de profundas mudanzas no referido ás condicións de vida para grande parte da poboación galega e poñen como exemplo a reforma laboral aprobada polo goberno para “crear emprego”  e que facilita o despedimento, permite unha reducción do salario se así o decide unilateralmente a empresa, abre a posibilidade de despedimento do funcionariado, etc.
Tamén mudanzas nos orzamentos públicos cuxos recortes provocan un déficit na calidade de servizos básicos como a sanidade, a educación, os servizos sociais, etc
Desde o Colectivo Despiste pensan que este é momento de que a cidadanía redondelá faga valer os seus dereitos de participación activa e que se organice “para respostar as políticas neoliberais dos gobernos”. Apuntan que estas mobilizacións non se deben deixar exclusivamente en mans dos sindicatos e que ademais da posible participación na forma do 29 de marzo tamén se poden poñer en marchas outras acción continuadas no tempo que se analizarán na asembleas de mañá.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará