Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arela presenta o seu programa de actividades no mes dedicado á muller

RR_Noticias

A Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde desenvolverá ao longo deste mes de marzo un programa de actividades no que se inclúen proxección cinematográficas, charlas e a presentación do libro “Lidia Senra, o liderado entrañable” que contará coa presencia da que fora Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego.

A presentación do libro completarase coa charla “Muller e agro” a cargo da propia Lidia Senra que estará acompañada por Tareixa Ledo, escritora do libro no que se fai un repaso pola loita das labregas galegas ó longo dos tempos, centrándose especialmente  na figura da que foi secretaria xeral do SLG durante 18 anos. Pero esta é tan só unha das actividades que a Asociación Arela desenvolverá durante este mes co obxectivo de celebrar o Día da Muller “amosando o papel da muller en diferentes eidos da vida cotiá e desde diferentes perspectivas” a un tempo que animan a todas as mulleres a participar destas actividades. A primeira cita terá lugar mañá mesmo en colaboración coa Concellería de Igualdade e consistirá na proxección da película “O sorriso da Mona Lisa”. Unha actividade aberta a todos os que queiran achegarse ás 19:30 horas do sábado ao Centro Cultural Chan das Pipas. Xa o día 22 a Escola Vella de Saxamonde acollerá a charla Quen coida ao coidador? A cargo da psicóloga e directora do CIM, Marina Igesias quen falará sobre dependencia e coidado de persoas dependentes. As actividades pecharanse coa proxección do título “Julie and Julia” o sábado 24 e a charla “María Zambrano: pensar co corazón” a cargo de Carlos Rodríguez Alvarez, filósofo e coñecedor da vida e obra da filósofa e escritora española.  

Isabel Rodríguez Asociación Arela
Mover ás mulleres fora da casa
Marga García Arela
Un dos actos destacados será a presentación do libro "Lidia Senra o liderado entrañable"
Quen coida ao coidador?
Unha charla que terá lugar o día 22
María Zambrano
Carlos Rodríguez Alvarez falará da figura da filósofa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará