Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo de 23 anos por conducir sen carné

RR_Noticias

Axentes da policía local de Redondela detiveron na xornada do sábado a un mozo A.J.A. de 23 anos de idades e veciño da vila logo de sorprendelo conducindo un turismo malia ter o permiso de conducir retirado.

A detención produciuse ás 21:30 horas do pasado sábado día 23 na zona dos Eidos, cando os axentes recoñeceron a este individuo ao volante dun turismo Peugeot 206. Conscientes de que o permiso lle fora retirado logo de perder todos os puntos, procederon a súa detención.
O mozo pasou xa a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará