Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela comezará de cero o PXOM logo de rescindir o contrato con Arteplan

RR_Noticias

Logo dunha década de unión contractual o concello de Redondela aprobou onte rescindir o contrato que dende o 2001 mantiñan coa empresa Arteplan, encargada da elaboración do PXOM de Redondela. Unha decisión que supón ademais comezar de cero para tentar sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Unha decisión que segundo explicou o voceiro do PP responde a solicitude da propia empresa que pediu desvincularse do Concello e do proxecto por razóns empresariais e logo de que nunha década non foran quen de sacar adiante o Plan urbanístico. Dende o PSOE, a pesar do seu voto a favor, aproveitaron para acusar ao PP de ter empregado este asunto en campaña electoral “cando agora queda demostrado que os motivos de non ter aprobado o PXOM non responden á incompetencia do anterior goberno senón aos continuos cambios tanto na lei do Solo de Galicia como noutras normativas que impediron a elaboración do PXOM”. Dende o PP recoñeceron as dificultades existentes pero Alberto Pazos asegurou que “a pesar das dificultades técnicas o propio equipo redacto apuntou que houbo momento en que si se puido aprobar o plan e que non se fixo por decisión política”  

Luis Orge PSOE
Os socialistas puxeron sore as mesa os motivos de que no mandat anterior non se puidera chegar a bo porto o PXOM
Alberto Pazos PP
O PXOM elaborarase agora a partir de cero

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará