Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma Cidadá acolle con optimismo a paralización do proxecto da A-59

RR_Noticias

A Plataforma valora dun xeito positivo as informacións vertidas nestes últimos días sobre a posibilidade de que o Ministerio de Fomento estea a reconsiderar seriamente a construcción da autovía gratuíta entre Vigo e Pontevedra. Dende hai anos este colectivo ven denunciando que a execución deste proxecto suporía un enorme malgasto económico, un importante prexuizo a nivel social e un verdadeiro atentado ambiental.

Os integrantes da Plataforma Cidadá, aínda eu con cautela, amosan a súa satisfacción logo de que se espallase a idea de que Fomento estaría a reconsiderar a posibilidade de seguir adiantes coa AP-9. Así mesmo, valoran positivamente que o propio Ministerio faga súas algunha das argumentacións que o colectivo ven defendendo ao longo destes anos.
Así por exemplo, a Plataforma Cidadá  fixera constar xa no seu día que o estudio informativo non contemplaba por exemplo a influenza sobre o tráfico da posta en marcha  do tren de alta velocidade, ao mesmo tempo que xustificaba a rendabilidade do proxecto baseándose no suposto de que o prezo dos combustibles se manterían estables nun período de 20 anos.
Á espera, de que o Ministerio de Fomento ratifique dun xeito claro e definitivo a paralización do proxecto de construcción da A-59, a Plataforma Cidadá advirte que se manterá firme na súa labor de compromiso e reivindicativa; e conta con que, chegado o momento, as autoridades políticas competentes fagan unha declaración pública ó respecto “facéndose eco das necesidades reais da poboación e atendendo ás demandas dos cidadáns”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará