Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Galiza Nova denuncia o peche do local de Nsaio e o concello di que funciona a “baixo rendemento”

RR_Noticias

A agrupación nacionalista acusa ao goberno redondelán de “desidia” por manter o local parcialmente pechado dende o pasado mes de agosto cando a Concellería de participación cidadá e xuventude decidiu clausuralo temporalmente co obxectivo de afrontar o arranxo do mesmo.

Galiza Nova reclama que se retome o normal funcionamento do local de Nsaio que permitía aos grupos musicais do concello dispoñer dun lugar axeitado para poñer en marcha os seus proxectos. Segundo apunta a formación nacionalista “tratábase dun proxecto novidoso en tanto que os propios grupos eran os encargados de autoxestionar as súas actividades”.
Con todo, no pasado mes de agosto a Concellaría de Participación Cidadá e Xuventude, decidiu clausurar temporalmente o Local de Nsaio co obxectivo de afrontar o arranxo do local e a substitución de instrumentos, xa que moitos estaban estragados.
Desde Galiza Nova acusan ao goberno de actuar con desidia neste asunto xa que meses despois segue sen funcionar con normalidade.
Fontes municipais apuntan que o local de Nsaio está a funcionar a “baixo rendemento” á espera de que se poida proceder ao seu arranxo definitivo así como á substitución do material que aínda non foi reposto por cuestións de orzamento. Engaden ademais que se están a estudar posibles medidas de seguridade consistentes en habilitar algún sistema, como podería ser un código de entrada, para ter un maior control sobre os usuarios que acceden a sala e evitar que se produzan danos tanto no mobiliario como nos instrumentos.
Unha explicacións que se poderán escoitar no pleno de mañá no caso de que o BNG traslade esta cuestión aos responsables municipais ao longo da sesión que terá lugar ás 20:00 horas no Multiusos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará