Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Diocese asegura aos fregueses a continuidade dos actos relixiosos en Cedeira e Trasmañó

RR_Noticias

O delicado estado de saúde do párroco que atende estas dúas parroquias, Waldo García, facía temer aos veciños que asisten aos actos relixiosos que estes foran suspendidos. A Diocese de Tui-Vigo asegura que está garantido o seu desenvolvemento e que polo de agora non hai previsións de substituír ao párroco.

O responsable de prensa da Diocese Tui-Vigo confirmou á Radio Municipal de Redondela os “problemas de saúde e persoais” que está a afrontar o párroco de Cedeira, Waldo García e que poderían levar a súa substitución ao fronte da parroquia. Con todo, confirmou que “están garantidos os oficios relixiosos tanto en Cedeira como en Trasmañó”, parroquias atendidas habitualmente por Waldo García.
Barállase que o propio párroco traslade aos responsables do Bispado o seu desexo de ser substituído, logo de que esta fin de semana sufrise un esvaecemento e ante o temor de que o seu delicado estado de saúde lle impida continuar desenvolvendo o seu labor.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará