Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O swing da Orquestra de Saxos soa en San Simón

RR_Noticias

“En Sax Simón” é o título deste disco en directo que será presentado ao público no mes de xuño e que estes días está a gravarse na Illa. Ata o vindeiro domingo os 44 saxofonistas que conforman a orquestra de saxos de Redondela permanecerán neste espacio elaborando o que será o terceiro traballo discográfico da formación baixo a dirección de Elisa Arias.

Con moito esforzo e con moito traballo por parte de todos os que conforman a orquestra de saxos, así é como van sacar adiante este terceiro disco da formación. Un traballo que, segundo explicaba a directora da orquestra, Elisa Arias, presenta novidades importantes respecto dos CDs anteriores, xa que será un disco en directo no que se poderán escoitar pezas de swing e as versións de dous temas galegos populares como son “Unha noite na eira do trigo” e “Catro vellos mariñeiros”. O disco contará ademais coa colaboración de tres percusionistas así como intérpretes invitados de clarinete, acordeón, trompeta e piano para actuar como solistas nalgunhas das pezas e tres técnicos holandeses serán os encargados do apartado técnico. En canto ao financiamento, o custe é asumido na súa totalidade pola propia orquestra, grazas aos concertos que desenvolven durante todo o ano. O traballo será presentado publicamente no mes de xuño, e do mesmo xeito que a súa gravación o obxectivo da orquestra sería facer un concerto presentación na propia Illa de San Simón.  

Elisa Arias directora da orquestra de Saxos
Un disco en directo con temas de swing
Autofinanciamento
Os custes da gravación corren a cargo da propia orquestra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará