Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A reforma laboral chega ao pleno da man dunha moción do BNG

RR_Noticias

Os nacionalistas piden o apoio do restos dos grupos para lle solicitar ao goberno central a derrogación da reforma argumentando entre outras cuestións que a norma “socava as bases sobre as que se asentaban as relacións laborais, contendo medidas concretas que, xa desde a súa entrada en vigor, limitan os dereitos dos traballadores”.

Lembran ademais que o propio goberno de Mariano Rajoy confirmou que estas medidas “non contribuirán de xeito directo a xerar emprego nin a mellorar a estabilidade laboral das persoas que na actualidade ocupan postos de traballo en precarias condicións” o que demostra, ao seu entender, que o “verdadeiro propósito do Goberno actual consiste en empregar a crise económica como pretexto para atacar os dereitos dos traballadores rebaixando as súas condicións laborais”.
O BNG enumera cambios no ámbito laboral que recortan estes dereitos tales como reducir as indemnizacións por despedimento improcedente case nun tercio, permite a aplicación de medidas de flexibilización interna de xeito unilateral por parte das empresas, desampara ás persoas traballadoras no caso dos despedimentos colectivos, e racha co sistema de negociación colectiva sectorial e territorial, que beneficiaba ao colectivo de traballadores que desenvolven a súa profesión en actividades análogas ao homologar as condicións e traballo con independencia da empresa concreta onde traballan.
Aseguran que esta reforma laboral imposta de xeito unilateral polo Goberno central terá un impacto negativo nas condicións de traballo e económicas das persoas traballadoras neste concello, motivo polo que solicitan ao resto dos grupos que expresen o seu rexeitamento a reforma solicitándolle ao goberno estatal a súa derrogación e que se acometan unha serie de melloras nas relacións laborais, en base ao consenso e a negociación sindical, que protexa aos traballadores fronte á precariedade laboral e inclúe estímulos reais para a xeración de emprego.
Día Internacional das Mulleres
Os nacionalistas presentarán tamén unha moción, co gallo do Día Internacional das Mulleres, solicitando o apoio da corporación para que se manteña a lei de interrupción voluntaria do embarazo e que se posicionen en contra da derrogación da Lei que garante as mulleres a libre decisión sobre a súa maternidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará