Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solicitan a comparecencia da edil de Facenda, Ana Mª Alonso no concello parroquial de Chapela

RR_Noticias

A asociación de veciños de Chapela solicita que a edil de Facenda acuda ao próximo consello parroquial para dar explicacións sobre as deficiencias nos servizos de recadación do concello e as medidas que se están a desenvolver dende a propia institución municipal para tratar de corrixilas.

O colectivo veciñal nega que a súa información sobre o mal funcionamento dos servizos de recadación crease alarma social, xa que o obxectivo era “informar a tódolos veciños dunha grave situación na recadación de impostos o que supón unha importante merma nas contas que nos afectan a todos”.
Unha información que segundo aseguran lles fora ratificada polos propios representantes políticos, do mesmo xeito que dende a propia concellería se confirmou a existencia dun “burato de 2’2 millóns de euros dende o ano 2007”.
Por ese motivo solicitan a presenza da Edil de Facenda Ana Mª Alonso no próximo Consello Parroquial para que explique polo miúdo as deficiencias, o importe real das débedas, os erros no padrón e as medidas que se tomaron e se van tomar, tanto para recuperar os cartos pendentes como para depurar responsabilidades tanto da empresa adxudicataria como dos anteriores responsables políticos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará