Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma propón crear un área de lecer e deporte na explanada de Rande

RR_Noticias

A Plataforma en defensa da enseada de San Simón trasladoulle xa ao goberno local a súa proposta de converter a explanada de formigón de Rande nun área de ocio e deporte para uso dos veciños da zona. Deste  xeito, aparcaríase definitivamente a idea inicial da Autoridade Portuaria quen fixera esta obra co obxectivo de converter este espazo de 30.000 metros cadrados en almacén de colectores.

A idea de Portos de Vigo contou sempre coa oposición veciñal liderada pola Plataforma, quen chegaron a denunciar á Autoridade Portuaria por explanar con formigón esta parte do litoral sen realizar a tramitación esixida. Rexeitaban ademais que este lugar do litoral, pertencente á Rede Natura, se pretendera destinar a almacenamento de colectores cos prexuízos que isto provocaría na zona. O presidente da Plataforma, Antonio Lores, entenden que a única opción para darlle utilizade a esta explanada de 30.000 metros cadrados -a superficie equivalente a cinco campos de fútbol- sería buscar un proxecto que sexa razoable e medioambientalmente factible. Por este motivo, propuxéronlle ao goberno local a posibilidade de crear no lugar un polideportivo ou un centro de lecer para uso dos veciños, de xeito que se dea resposta ademais a unha demanda veciñal, xa que o lugar carece deste tipo de infraestruturas . Un proxecto que pasa necesariamente porque a Autoridade Portuaria ceda os terreos ao Concello tal e como fixeron coa concesión do solar no que se vai construír o futuro Museo de Rande.  

Antonio Lores Plataforma en defensa da enseada
A proposta é acondicionar a explanada como lugar de ocio
Proxecto medioambiental
Rexeitar definitivamente o almacén de colectores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará