Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello embargará aos morosos aínda que afirma que o cobro das taxas municipais é do 95%

RR_Noticias

A concellería de Economía e facenda ten en marcha un Plan de Inspección orientado a reclamar o pago daquelas taxas que por deficiencias no padrón non estaban a ser reclamadas e anuncia que se recorrerá ao embargo para cobrar as débedas co concello. Con todo, a edil Ana Mª Alonso quere deixar claro que a maior parte dos veciños pagan os impostos municipais e que a porcentaxe non pagada “é mínima” independentemente de si a persoa ten o pago domiciliado ou non.

A Concelleira de Economía e facenda, Ana Mª Alonso, asegura que non é certo que só se estea a cobrar a taxa do lixo a aqueles que teñen domiciliado o pago, tal e como denunciara a Asociación de veciños de Chapela. Afirma que o cobro das taxas municipais é moi alto “en torno ao 95%”. Con todo, a edil si confirmou que hai a quen non se lle estaba a reclamar o pago dalgunhas taxas, sobre todo as do lixo e saneamento, pola deficiencias existentes no Padrón Municipal “deficiencias que se están a corrixir coa posta en marcha dun plan de inspección”. O Plan de inspección, que xa está a funcionar en Redondela segundo asegurou a edil, contempla a actualización dos padróns, o que permitirá cobrar aquelas taxas que por estas deficiencias non de cobraron dende o ano 2007. Asinouse ademais un convenio de colaboración coa Axencia tributaria de xeito que igual que se pode cobrar unha multa de tráfico a través dun embargo, que tamén se poida recorrer a este sistema para cobrar as débedas co concello. A Concelleira lamenta que a denuncia pública feita dende a asociación de veciños de Chapela provoque alarma entre os veciños ou incluso comportamentos que dean lugar a futuras sancións, xa que alguén pode deixar agora de pagar as taxas municipais pensando que se pode librar das súas responsabilidades como contribuínte e atoparse logo cunha reclamación que lle demanda a taxa non abonada co recargo e a multa correspondente. Sobre a afirmación da presidenta da Asociación de Veciños de que non se está a cobrar o imposto sobre actividades económicas a ningunha empresa, asegura Ana Mª Alonso que “si se está a cobrar o IAE, pero que hai empresas que están exentas desa taxa o que podería dar lugar a algún tipo de confusión”.  

Ana Mª Alonso edil de Economía e Facenda
Maioritariamente os veciños pagan as súas taxas
Plan de Inspección e embargos
O plan persigue que actualice o padrón municipal
Sistema de recadación xusto
O obxetivo e que todos paguen o que lle corresponda
Imposto de Actividades Económicas
Hai empresas que están exentas do pago do IAE

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará