Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un taxista veciño de Redondela por tráfico de drogas

RR_Noticias

Os axentes intervíronlle 95 doses de heroína, 0’5 gramos de marihuana, 54 pastillas de metadona, unha báscula de precisión, 2 móbiles e 1.218 euros. O mozo, de 38 anos de idade e veciño de Redondela foi detido nas inmediacións do Camiño de Millareira en Vigo. Identificado outro veciño da vila logo de tentar roubar en varias vivendas de A Portela.

Axentes da Policía Nacional detiveron a un veciño de Redondela de 38 anos de idade como presunto autor dun delito de tráfico de drogas. Os feitos tiveron lugar nas inmediacións do Camiño da Millareira en Vigo, nunha zona de venta de sustancias estupefacientes onte pola tarde. O taxi estaba estacionado na rúa e o seu condutor tratou de ocultarse baixo o asento cando detectou a presencia policial, motivo polo que os axentes procederon a rexistrar o vehículo. No coche atoparon 1218 euros, 95 doses de heroína. 0’5 gramos de marihuana, unha báscula de precisión, 54 pastillas de metadona e dous teléfonos móbiles.
Por todo isto procedeuse á detención do condutor ao que lle conta un antecedente policial anterior. O detido pasou xa a disposición xudicial.
Identificado un ladrón na Portela
Tamén onte pero ás 7:55 horas un veciño do barrio de A Portela alertou á Policía Local de que un home de mediana idade e vestido de negro estaba a asexar pola zona da Portela intentando incluso entrar nalgunha vivenda. Os axentes que se desprazaron ao lugar foron guiados telefonicamente polo veciño ata que lograron localizar ao individuo, que fuxía dun galpón cunha bolsa. Véndose acurralado desfíxose da bolsa na que portaba unha barrena e unha máquina amoladora, obxectos que foron recuperados e devoltos ao seu propietario. O ladrón conseguiu fuxir doa axentes, pero foi identificado xa que se trata dun vello coñecido da policía local, un mozo que responde ás siglas J.M.R.P., de 39 anos de idade e veciño do casco urbano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará