Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello non cubre as baixas do persoal municipal

RR_Noticias

A Concelleira de Servizos Sociais de Redondela confirma que non se están a cubrir as baixas nin por maternidade, nin por vacacións nin tampouco aquelas baixas que responden a algunha enfermidade de curta duración.  O motivo é “a política de austeridade” e recortes que se está a desenvolver dende o servizo de persoal do concello

A edil de Servizos sociais, Teresa París, explicou que dende o departamento de persoal non se están a cubrir as baixas nin por enfermidade, nin por maternidade nin por vacacións “porque se está a aplicar unha política de austeridade”. No caso concreto da baixa da técnica que atende o servicio da muller, explica que “non se cubre a baixa porque a mesma vaise restrinxir as 16 semanas correspondentes a unha baixa por maternidade e porque non daría tempo  a desenvolver o proceso de selección e contratación do traballador substituto”. París daba estas explicacións logo de que así llo demandasen dende a Agrupación de Electores.  

Teresa París edil de Servizos Sociais
A concelleira confirma que non se cubren as baixas laborais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará