Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica a retirada do parque biosaudable de Vilavella

RR_Noticias

Os once elementos que conformaban este parque foron retirados o pasado xoves co obxectivo de seren reparados e trasladados a outra ubicación para, segundo o edil de Medio Ambiente, incrementar o seu uso. Curiosamente o anterior responsable deste departamento o edil nacionalista Carlos Pazos elixira esa ubicación argumentando que era a idónea por existir na zona un Centro de Día frecuentado por persoas maiores.

O edil de Medio Ambiente, o popular Miguel Angel Álvarez, entende que eses elementos poderían contar cun maior número de usuarios noutra zona do concello, motivo polo que están a estudar o seu traslado a outro lugar. Con todo, a xustificación da retirada deses elementos que conformaban este “parque para maiores” é proceder a súa restauración e pintado, xa que algún presentaba un deficiente estado de conservación.
A decisión da concellería de retirar o parque da súa ubicación actual, na zona do Salgueiral, foi recibida con críticas por parte do BNG, agrupación promotora no concello deste tipo de instalacións. Critican que o goberno local procedese a levantar “os elementos dun dos primeiros parques destas características de toda a provincia sen ningún tipo de información ou xustificación”. Aseguran ademais que “numerosos veciños e veciñas de Redondela facían uso destes elementos”.
Denuncian que dende o PP se estean “reducindo os servizos ofertados ao conxunto da cidadanía” e engaden que “primeiro foi o alugueiro de bicicletas e agora a eliminación do parque biosaudable de Vilavella. Curiosamente ámbalas dúas iniciativas postas en marcha polo BNG en anteriores gobernos municipais, segundo indica o responsable local da agrupación nacionalista, Xoán Carlos González.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará