Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un equipo de traballo corrixirá os erros toponímicos detectados na sinalización

RR_Noticias

O goberno local comprométese con Alén Nós a corrixir os erros existentes na sinalización e que se concretan na desaparición de topónimos, en nomes que se transforman ou que presentan erros ortográficos, barrios que deixan de existir como tales ou confusión das diferentes categorías viarias.

Será un equipo integrado por universitarios o que se encargue de realizar o traballo de campo necesario para verificar os erros existentes e determinar cal seria a denominación correcta. Unha documentación que posteriormente será verificada e controlada por Gonzalo Navaza, especialista na materia tal como o acredita o feito de que teña formado parte da Comisión de Toponimia, encargada oficialmente pola Xunta para fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. A Asociación cultural Alén Nós foi quen denunciou meses atrás o que cualificaron de “chafallada toponímica” en referencia ao traballo de rotulación desenvolvido dende o Concello e que provocou o cambio dos nomes de numerosos camiños, lugares ou mesmo barrios. Neste sentido, realizaron xa un completo traballo na parroquia de Reboreda para tentar devolver a eses lugares os topónimos orixinais. Entre os erros detectados e que xa foron postos en coñecemento dos responsables municipais destacan cambios como “Camiño Valchamade” en lugar do orixinal “Bolchomade” ou que se modifique o topónimo “O río de San” por “O río de Xans” ou mesmo que desapareza o topónimo As Cabirtas, que fai referencia a un lugar pedregoso ou en pendende e que pasou a denominarse “Fondo do Canudo”. Os erros producen que nalgúns casos un mesmo vial teña varias denominación como é o caso da “Rúa Avda.. Mendiño”.  

Andrés Laxe Alén Nós
O obxectivo é corrixir os numerosos erros atopados
Toponimia en Reboreda
Nesta parroquia o traballo de campo corre a cargo diretamente de Alén Nós

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará