Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos servirá 3.500 racións na Festa da Cacheira

RR_Noticias

Un prato típico desta época de frío que se servirá acompañado de chourizo e grelos a 6 euros a ración. Dende as 11:00 horas do domingo haberá música e degustación. O pregón correrá a cargo do humorista Lito de Arzúa e a partir das 16:00 horas haberá verbena coa actuación da orquestra Alcotán.

Nada mellor para combater o frío que botar man dun prato elaborado con produtos da matanza. Con esa idea nacía hai once anos a festa da Cacheira, unha celebración que este ano espera repetir éxito de asistencia polo que se prepararán máis de 3.500 racións do produto que se servirá acompañado de chourizo e grelos. Unha racións que inclúen un prato conmemorativo e unha taza de barro, ademais de pan e viño, a un prezo de seis euros a ración. Os comensais poderán levalo para consumir na casa a un prezo máis económico, de tan só catro euros.O pregoeiro da festa este ano será o humorista Lito de Arzúa quen será o encargado de animar a xornada cunha actuación humorística. Haberá tamén música durante todo o día coa actuación a partir das 16:00 horas da orquestra Alcotán.

José Angel Cerezo edil de cultura
O concelleiro de Pazos falounos do programa da XI festa da cacheira

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará