Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha praza para Alejandro Otero

RR_Noticias

O PSOE solicita que a praza situada entre a Rúa de Reveriano Soutullo, a Praza de Ribadavia e Rúa Alfonso XII, pase a chamarse “Praza Alejandro Otero Fernández” en recoñecemento ao ilustre médico nado en Redondela no ano 1888. Os socialistas lembran a súa imporante labor como profesional pero sobre todo como home comprometido persoal e politicamente.

Este ilustre redondelán, nado en 1888 na actual Rúa Reveriano Soutullo desenvolveu unha activa vida política como deputado socialista e unha intensa labor profesional como médico. Iniciou a carreira de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, na que se licencia en 1910 doutorándose un ano máis tarde en Madrid. A parte da asistencia médica e a docencia, que exerceu na Universidade de Granada,  Alejandro Otero, tiña unha grande preocupación polos temas sociais cos que se comprometeu persoal e economicamente.A súa actividade política levouno a ser elixido concelleiro en Granada e deputado por Pontevedra no ano 31 nas Cortes Constituíntes da II República. Foi detido durante dous meses no ano 1.934 e posteriormente co estalido da guerra civil foi nomeado subsecretario de armamento ao servizo do goberno lexítimo republicano.Ao remate da guerra civil exiliouse a México formando parte do goberno republicano no exilio. Actualmente os seus restos xacen no panteón familiar do cemiterio dos Eidos de Redondela.Dende o PSOE propoñen que a traxectoria de Otero Fernández sexa recoñecida dando o seu nome á praza situada entre as rúas Reveriano Sóutollo e Alfonso XII e a praza de Ribadavia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará