Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Portos de Galicia presenta na Casa da Cultura o proxecto definitivo da lonxa de Cesantes

RR_Noticias

O presidente da entidade José Juan Duran visita mañá mércores Redondela para presentar aos responsables políticos e representantes do sector profesional o proxecto construtivo definitivo para a lonxa de Cesantes. O acto presentación terá lugar ás 12:30 horas na Casa da Cultura

O ente público e a dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro colaborarán no financiamento desta dotación que virá resolver os problemas de operatividade da actual, ou alo menos iso confían na Confraría de Cesante.
O proxecto da lonxa enmárcase dentro dun programa de inversións para a mellora do porto de Cesantes, dando prioridade á construción deste edificio para dar resposta as carencias da actual, que presenta serias deficiencias de operatividade.Á espera de coñecer os datos definitivos en canto a prazos e financiamento, que Durán dará a coñecer na xornada de mañá, todo apunta a que as obras poderían comezar en tan só uns meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará