Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica de despropósito a decisión do Concello de talar as árbores do campo da feira

RR_Noticias

Dende a agrupación nacionalista solicitan a comparecencia do concelleiro de Tráfico, Arturo González, para que dea explicacións sobre esta medida e para que informe ao resto dos grupos do novo plan de tráfico que vai limitar o aparcamento e a circulación na zona vella.

O BNG solicita a comparecencia do edil delegado de tráfico Arturo González no pleno ordinario do mes de xaneiro, que se vai celebrar o vindeiro xoves ás 20:00 horas no Multiusos para que dea as “oportunas explicación sobre o plan que se pretende poñen en práctica proximamente”.Lembran dende o Bloque que dende este departamento comprometéranse xa en outubro a poñer a disposición de todos os grupo políticos dito plan “para a súa discusión e mellora” sen que a día de hoxe, e cando xa pasaron tres meses, se teña cumprido ese compromiso.O BNG critica ademais que a oposición teña que coñecer polos medios de comunicación as medidas previstas por esa concellería e que abranguen a limitación de aparcamento na zona vella, a habilitación dunha zona de aparcamento na rúa Plata, barreiras no aparcamento do campo da feira e a tala das árbores no aparcadoiro da feira para permitir que poidan aparcar máis coches, medida que cualifican de “auténtico despropósito”.

Cecilia Pérez Orge BNG
Solicita a comparecencia do edil de tráfico
Tala de árbores
Ningún argumento xustifica esta medida

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará