Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A existencia de medios en galego é condición imprescindible “para existir como país”

RR_Noticias

Os precursores da campaña Vitaminas para o galego defenden en Redondela a existencia de medios de comunicación que empreguen o idioma galego nos seus contidos e animan á sociedade a se involucrar na iniciativa ante a falta de apoios das institucións.

A campaña de sensibilización Vitaminas para o galego, na que están involucrados diferentes medios de comunicación entre os que se atopan a rede de emisoras municipais Radiofusión, os xornais dixitais Galicia Confidencial e Praza Pública ou a revista Tempos Novos, persegue contribuír ao nacemento de novos proxectos informativos en lingua galega como axudar á supervivencia dos medios en galego, que nos últimos meses sufriron importantes baixas como Vieiros, A Nosa Terra, A Peneira ou Galicia Hoxe. No camiño de dar a coñecer esta campaña celebrouse en Redondela un acto no que estivo presente un dos responsables da iniciativa, Henrique Sanfiz, quen fixo unha analoxía “salvando as obvias diferenzas” entre a situación de discriminación racial vivida nos EEUU na década dos 60 e a situación actual do idioma galego. Botou man para iso do discurso do líder dos dereitos civís Martín Luther King introducindo lixeiros cambios no texto que explicou ao remate da súa intervención.No acto que se celebrou na casa da cultura estivo presente o director de edicións Xerais, Manuel Bragado, quen suliñou que sen medios de comunicación en galego “non poderemos no futuro contar como pais”.Criticou o xiro político experimentado nos últimos tempos polas administracións, que lonxe de defender o uso do idioma galego está a promover incluso unha posición claramente en contra do idioma e salientou a necesidade de que exista un compromiso persoal en defensa do galego xa que o futuro do idioma “depende de cada un de nos polo que debemos empregalo en todos os ámbitos da nosa vida se queremos preservar a lingua como patrimonio do pobo”.

Henrique Sanfíz promotor de Vitaminas
Un discurso reinterpretado
Unha fonda inxustiza
Denunciar a situación do idioma galego
Manuel Bragado edicións Xerais
Os medios en galego son imprescindibles para contar como pais
Unha aposta persoal
A nivel individual hai moito que facer en defensa do idioma

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará