Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A promoción e as infraestruturas hoteleiras, contas pendentes do sector turístico en Redondela

RR_Noticias

Captar visitantes dos municipios limítrofes, atraer aos cruceiristas que chegan ao peirao vigués e incrementar o número de prazas hoteleiras son algúns dos obxectivos que se marca a Concellería de turismo de cara a incrementar o peso do sector turístico en Redondela. O goberno local estará presente este ano na Feira Internacional de Turismo (FITUR) nun acto conxunto que se desenvolverá mañá no stand do Padroado de Turismo Rías Baixas.

O noso concello é, ao entender do edil responsable de turismo, Alberto Pazos, “un gran descoñecido” o que fai que pase desapercibido como posible destino tanto dos turistas que visitan outros municipios galegos como para os veciños de municipios próximos. Poñerlle solución a esa eiva é un dos obxectivos prioritarios deste departamento que estuda como mellorar a promoción de Redondela no entorno máis inmediato para atraer visitas de concellos limítrofes, principalmente de Vigo “onde hai 300.000 visitantes potenciais”. Tamén se estuda a posibilidade de fomentar ou chegar a algún tipo de acordo coas navieiras e empresas que xestionan a chegada destes buques ao peirao vigués para que os cruceiristas conten tamén coa posibilidade de achegarse ao noso municipio.Pazos é consciente de que a promoción ten que ir acompañada tamén doutras actuacións, encamiñadas a mellorar as infraestruturas turísticas, nomeadamente as infraestruturas hoteleiras, xa que é patente a escasa oferta de prazas coas que conta o visitante cando se achega á nosa vila. Unha carencia que, ao entender do edil, debería ser cuberta a través da iniciativa privada.E precisamente co obxecto de promover e dar a coñecer o municipio aos axentes que se dedican a captar turistas, como as propias axencias de viaxe ou os maioristas, é o que leva aos responsables locais a estar presentes na Feira Internacional de Turismo FITUR que arrancaba onte en Madrid.O alcalde Javier Bas e o edil de turismo serán os encargados de desenvolver esta labor de promoción nun acto que terá lugar mañá venres no stand do patroado de Turismo Rías Baixas, xunto con outros alcaldes da comarca, entre os que se atopa tamén o rexedor de Soutomaior, Agustín Reguera.

Alberto Pazos concelleiro de Turismo
Plans para a mellora da promoción turística
Prazas hoteleiras
Necesidade de iniciativa privada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará