Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria para o Chapela e derrota para a SAR nos primeiros encontros do ano

RR_Noticias

En primeira nacional masculina falamos de balonmáns e da situación dos equipos locais que retoman a tempada logo do descanso do Nadal repetindo comportamentos. Así o Paraxe Chapela arranca cunha nova vitoria ante o Camariñas, nun encontro que rematou co resultado de 40 goles a 27. A SAR colleita unha nova derrota na súa visita ao campo de Cinco Jotas, nun partido que finalizou cun 32-28 no marcador.

A pesar das baixas no equipo, o Paraxe Chapela arrancou o ano cunha nova vitoria onde a superioridade dos locais foi absoluta. O partido disputado no pavillón de Chapela ante o Camariñas finalizou co resultado de 40 a 27. Dende unha cómoda terceira posición, o Paraxe Chapela desprázase o vindeiro sábado a Cangas, un partido que sobre o papel parece doado, xa que os do Morrazo non están a pasar polo seu mellor momento como o acredita a súa decimo primeira posición na categoría.E nova derrota para a SAR Plastic Omnium, que a pesar do bo xogo amosado na súa visita ao campo do Cinco Jotas, non foi quen de superar aos locais.Así as cousas o equipo que adestra Pablo Muiños sufriu unha nova derrota nun encontro que rematou co resultado de 32-28, o que deixa ao quipo da SAR afundido nos últimos postos da táboa, é penúltimo con tan so cinco puntos no seu haber. Unha situación desesperada coa que terá que afrontar o partido da próxima fin de semana na bomboneira, recibirán ao Cisne, equipo que se atopa na metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará