Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco recupera o liderado logo de empatar co Céltiga en Santa Mariña nun partido sen goles

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes rematan a primeira volta no máis alto da táboa, posto que comparten co Arousa. O partido co Céltiga, malia a ausencia de goles, non defraudou, con moita presión por parte dos dous equipos cun xogo moi equilibrado. No resto de categorías os resultados foron desiguais para os equipos locais.

Preferente AutonómicaChoco 0-0 CéltigaO Choco cumpriu co obxectivo de manterse en postos de ascenso logo do partido co Céltiga. E grazas ó tropezo do Arousa en Atios mesmo recuperou o liderado, que agora comparte co equipo de Vilagarcía. Era un partido difícil para os de Jacobo Montes, diante dun dos rivais máis duros da categoría e o máximo goleador. O partido non defraudou as expectativas dos afeccionados, malia non haber goles. Foi un partido moi equilibrado no que os dous conxuntos estiveron igualados mesmo nas oportunidades de cara á portería, que foron poucas, e nos erros. Xusto reparto de puntos en Santa Mariña que deica ó Choco no máis alto da táboa para rematar a primeira volta da competición. A segunda metade da competición comezará o domingo, e volverán xogar na casa para recibir ó Pontellas.Primeira AutonómicaMoaña 1-1 ChapelaO Chapela segue afundido na parte baixa da táboa malia o reparto de puntos no campo do Moaña. Os locais foron superiores e os redondeláns seguen con apuros para salvar a categoría. Na próxima xornada recibirán ó Juv. Portonovo, outro dos equipos da parte baixa da táboa.Segunda Autonómica Arcade 1-2 MorañaA temporada non está a ser boa para o Arcade, situado en postos de descenso, e veñen de sumar unha nova derrota co Moraña. Na próxima xornada xogarán no campo do Figueirido.Terceira AutonómicaPereiró 2-1 Choco B Rematou a primeira volta na categoría co Choco na 6ª praza, malia a derrota no campo do Pereiró. Na próxima xornada recibe en Redondela ó Casablanca, un dos últimos clasificados.Casablanca 1-3 Chapela O Chapela mantense na metade da clasificación logo de impoñer o seu xogo no campo do Casablanca. O próximo domingo terán en Chapela un rival complicado, xa que reciben ó segundo clasificado, o Santa Mariña.Vincios 2-2 At. Vilar Era un partido de rivalidade directa e saldouse, xa que os dous equipos están situados na parte baixa da táboa e saldouse con reparto de puntos. A próxima fin de semana o Vilar recibe ó Atios.Cruceiro B 3-2 Cesantes O Cesantes non foi quen de superar ó filial do Cruceiro nun encontro con moitos goles. O domingo comezan a segunda volta e volven xogar fóra da casa, no campo do Xeve.Soutomaior 6-1 CaroiO Soutomaior recuperou o liderado logo de impoñerse de xeito rotundo ó Caroi. Os locais foron superiores en todos os aspectos de xogo, e golearon ó rival. O domingo comezan a segunda volta na casa, será cun interesante derbi co Sampaio, un encontro de moita rivalidade xa que os visitantes son os segundos da táboaCumiar 0-1 NespereiraOs de Pazos mantéñense como 5º do seu grupo logo de gañar pola mínima no campo do Cumiar. O próximo domingo reciben en Nespereira ó Vilasobroso.Futbol Sala Redondela F.S. 1-0 Mobles AndradeO equipo redondelán rematou a primeira volta da competición cunha vitoria. Os de Nolichi impuxéronse na bomboneira ó Mobles Andrade pola mínima, o que os sitúa na metade da táboa. A próxima xornada volven xogar na casa, será diante do Lavadores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará