Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Administración Local fundamental na cooperación internacional

RR_Noticias

Os concellos xogan un papel esencial na mellora das condicións de vida dos países do terceiro mundo e así se reflicte na exposición do Fondo Galego de Cooperación, “Influír no global desde o local” que se pode visitar na Xunqueira até finais de mes.

Doce paneis deseñados polo debuxante Pepe Carreiro permiten ao visitante viaxar pola historia do Fondo Galego de Cooperación desde os seus inicios en 1997 até os nosos días. Quince anos de traxectoria, con máis de cen concellos colaborando e máis de 120 proxectos postos en marcha por todo o mundo. Un traballo que desde este luns, 16 de xaneiro, e até final de mes poderá coñecerse no Multiusos da Xunqueira na exposición “Influír no global desde o local: as entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto”. O obxectivo, desta mostra itinerante, que xa pasou por distintos concellos da Comunidade, é dar a coñecer a importancia do traballo que desempeña esta entidade, ademais de aproximar á cidadanía os problemas dos países do Sur, e explicar a onde van parar eses fondos que desde as Administracións Locais se destinan á cooperación. Así o puña de manifesto a presidenta do Fondo Galego de Cooperación e Concelleira de Servizos Sociais de Redondela, Teresa París, quen convidaba aos veciños, durante a presentación da exposición, a coñecer unha realidade afastada no espazo pero moi próxima nas problemáticas, xa que boa parte delas non hai moito que as superamos. Proxectos moi variados que van desde o fomento da igualdade de xénero en nove comunidades peruanas, até proxectos de recalificación urbanística en Cabo Verde, ou o apoio de programas para o desenvolvemento local en Haití, despois do terremoto de xaneiro de 2010. Cuba e a revitalización do seu casco urbano ou Perú, onde se ampliou a rede de subministro de auga nalgunhas zonas rurais, son algúns dos 24 países que se beneficiaron do labor que desenvolve o Fondo Galego e que se pode descubrir até o 31 de xaneiro no Multiusos da Xunqueira.  

Teresa París Concelleira Servizos Socias.
A presidenta do Fondo Galego de Cooperación fálanos do contido da exposición.
Obxectivos exposición.
A Concelleira de Servizos Sociais afirma que o obxectivo da mostra é achegar o labor do Fondo á cidadanía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará