Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de lingua galega en Redondela

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello anima aos veciños a se inscribir nos cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4 para persoas adultas. O prazo remata o día 26 de xaneiro. A súa celebración en Redondela dependerá de que haxa un número suficiente de inscricións.

Dende o Servizo de Normalización solicitarán á Secretaría Xeral de Política Lingüística que estes cursos se poidan desenvolver no noso concello, polo que se pide a todas aquelas persoas interesadas que se dirixan ao SNL a través do enderezo electrónico normalizacion@redondela.info ou do teléfono 986 400300, para consultar cantas dúbidas teñan a este respecto e para realizar a súa inscrición.O prazo para realizar a solicitude remata o vindeiro 26 de xaneiro, e na petición deberán constar os seguintes datos: nome completo, DNI, número de teléfono de contacto e nivel de coñecemento da lingua galega que posúen, ou o curso CELGA que desexan facer.A celebración de cursos no Concello de Redondela dependerá de que haxa un número suficiente de inscricións. Os cursos son de acceso libre e gratuíto, e desenvolveranse entre mediados de marzo e o 30 de maio, nos horarios que mellor conveñan á maioría das persoas inscritas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará