Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos de Saxamonde percorrerán a parroquia pedindo o aguinaldo

RR_Noticias

Os cantos de Reis escoitaranse nos catro barrios de Saxamonde no festivo do día 6 a partir das dez da mañá. Unha data na que se esperan ademais milleiros de persoas no centro urbano de Redondela ao coincidir a festividade dos Reis coa feira do día 6 e cunhas previsións meteorolóxicas que apuntan a que será un día solleiro aínda que frío nas primeiras horas.

As rondallas e os ranchos de reis volverán animar as rúas do centro urbano na xornada do venres, unha música que se escoitará a partir das 11:00 e que de seguro será escoitada polas miles de persoas que se espera que acudan ao mercado máis multitudinario do ano, so comparable co que se celebra o 6 de decembro, data festiva por o día da Constitución.Pero máis madrugadores serán os rapaces e rapazas de Saxamonde que un ano mais sairán á rúa a pedir o aguinaldo. Este ano farano con novas panxoliñas, cancións que levan días ensaiando e que se poderán escoitar nos catro barrios da parroquia a partir das dez da mañá, cunha parada especial no adro da Igrexa.

Paulo Jablonski Chan das Pipas
Os nenos ampliaron este ano o seu repertorio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará