Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arcade confía en mellorar os seus resultados na volta á competición co partido diante do Marín

RR_Noticias

A temporada non está a ser boa para o equipo de Soutomaior, situado en postos de descenso. Son un equipo moi novo, e a falta de experiencia dos xogadores pásalles factura. O adestrador, Jonathan Álvarez, lamenta os puntos perdidos nos últimos partidos en tempo de desconto, pero confía en mellorar resultados antes de rematar a primeira volta. Traballo, gañas e ánimo nos lles faltan para comezar o ano.

Case sen vacacións de Nadal o Club Deportivo Arcade adestra con normalidade para preparar a volta á competición oficial o próximo 8 de xaneiro. Os resultados non están a ser bos esta temporada, e no club están decididos a compensar con traballo e esforzo as súas carencias. Logo do descenso á Segunda Autonómica a pasada temporada, o club optou por configurar o equipo con xogadores da casa. Trátase dun conxunto moi novo, falto de experiencia e do que forman parte varios futbolistas procedentes do xuvenil. O adestrador, Jonathan Álvarez, recoñece que a temporada está a ser “moi dura”, pero sinala que o xogo do equipo “mellorou moito desde o comezo de liga”. Con todo, lamenta que nas últimas xornadas se lle escapasen algúns puntos “por falta de veteranía”. Fai referencia ós partidos co Beluso e o Dena, nos que encaixaron goles en tempo de desconto, perdendo uns puntos “moi importantes”. Xa lle acontecera tamén co C.Pontevedra, cando deixaron escapar un punto ó encaixar un gol de penalti no minuto 95. Quedan aínda tres partidos da primeira volta e toda a segunda parte desta liga, con moitos puntos en xogo. Álvarez está convencido de que darán “a batalla”, e pelexarán ata o final pola permanencia. O obxectivo inmediato é o Marín, co que xogan o domingo no campo do Salgueirón. Un dos rivais que están “na liga do Arcade”, segundo explica o adestrador, polo que confían en sacar un resultado positivo.    

Jonathan Álvarez adestrador
O técnico lamenta os puntos perdidos en tempo de desconto por falta de experiencia.
Arcade-Marín
Álvarez confía en acadar un resultado positivo no Salgueirón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará