Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela confía en mellorar resultados na segunda volta con Juan Casales como adestrador

RR_Noticias

A piques de rematar a primeira volta o equipo de Chapela está na parte baixa da táboa da Primeira Autonómica. Este descanso de Nadal serve para facer balance dos erros, sobre todo da falta de concentración xa en tempo de desconto, onde o equipo perde moitos puntos. O novo adestrador, Juan Casales, terá que corrixir eses problemas e “sacar do pozo” ós redondeláns.

A Primeira Autonómica é unha categoría moi esixente, e ó Chapela Club de Fútbol está a custarlle máis do esperado sumar puntos. O obxectivo da permanencia semella complicado, xa que a piques de rematar a primeira volta, o conxunto está na parte baixa da táboa. Os malos resultados do arranque ligueiro levaron á dirección do club a facer un cambio de adestrador. Moisés Calvar, que se encargaba do equipo desde que comezou a liga, foi substituído por Juan Casales, que xa formaba parta do equipo técnico do club adestrando ós infantís. Casales, que ten experiencia como xogador en equipos de Segunda B, ten por diante un reto complicado: sacar ó equipo “do pozo” e sumar os puntos necesarios para garantir a permanencia na categoría. O presidente do club, José Luís Ballesteros, confía no traballo do técnico, e que representa “a mellor opción” que tiña a entidade logo de prescindir de Calvar. Unha das eivas que terá que solventar son os erros que acumula o equipo nos últimos minutos do partido. Ballesteros explica que ” falta de veteranía” dos xogadores, fai que perdan moitos puntos en tempo de desconto, como aconteceu nos partidos contra o Salvaterra ou o Gondomar. Será preciso que o novo adestrador “traballe os tempos” cos xogadores para mellorar este aspecto. Teñen aínda algún tempo de descanso antes de volver á competición o 8 de xaneiro. Será co último partido desta primeira volta, no campo do Sp.Guardés, outro equipo que atravesa malos momentos e que está na táboa por baixo dos redondeláns. No caso de gañar o encontro os de Casales distanciaríanse máis dos seus rivais directos. No club son optimistas e confían en acadar mellores resultados na segunda volta que comezará a mediados de xaneiro.  

José Luis Ballesteros presidente
O club confía en que co novo adestrador mellore a situación do equipo.
Segunda volta
O presidente agarda que o equipo xestione mellor os tempos e non perda tantos puntos nos últimos minutos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará