Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela confía en recuperar xogadores na segunda volta e mellorar resultados

RR_Noticias

O club fai un balance positivo da primeira metade da liga, xa que malia as lesións de xogadores importantes, o Paraxe chega ó descanso de Nadal na cuarta praza da Primeira Nacional. De cara á segunda volta agardan recuperar a Rafa Gestido e buscan un reforzo no mercado. O calendario é tamén favorable para os redondeláns, xa que os enfrontamentos cos rivais directos serán en Chapela.

Rematou a primeira volta da competición, e o balance que fai o club Paraxe Construcións de Chapela é “moi positivo”. O presidente, Manuel González Soto, salienta o bo nivel do equipo, a pesares das importantes baixas que arrastran desde o inicio de temporada. O equipo é cuarto, a tan só un punto do segundo clasificado, e catro por baixo do líder, o Porriño. Soto salienta que os xogadores están a render “ó máximo” para suplir aos lesionados. Con Sergio Cid, pendente dunha operación, xa non contarán no que resta de temporada, e agardan que Rafa Gestido poida incorporarse “como moi pronto en febreiro”. O caso de Deco está aínda pendente de diagnóstico para poder valorar o alcance da lesión. Agora comeza un longo paro polas festas de Nadal, Aninovo e Reis. Non será ata o 14 de xaneiro cando volvan á competición oficial para arrancar a segunda volta. Un descanso que vai ser “moi positivo” para o Paraxe Construcións de Chapela, xa que servirá para que se recuperen os xogadores que acumulan máis minutos. A primeira cita será en Camariñas, un dos equipos da parte baixa da clasificación, e Soto agarda unha vitoria. O calendario desta segunda parte da liga é favorable para os redondeláns, xa que os enfrontamentos cos rivais directos (Porriño, Ademar e Zamora) serán en Chapela. O feito de xogar como locais estes partidos importantes, e a posibilidade de recuperar a Gestido, ou mesmo contar con algún reforzo, fai pensar que o Chapela pode escalar ata a segunda praza. Deste xeito cumpriríase o obxectivo de pelexar unha vez máis na fase de ascenso.  

Manuel González Soto presidente.
O club valora positivamente os resultados da primeira volta.
Segunda volta
Soto agardar mellorar resultados na segunda volta xa que recuperarán algún xogador e contan cun calendario favorable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará