Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Fondo Galego explica en Chapela os proxectos financiados con fondos municipais en Haití

RR_Noticias

A técnica que vén de supervisar en Haití o proxecto impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e o Fons Català, Victoria Planas trasladará aos veciños a situación que se vive no país dous anos despois do tremor e explicará cal é o proxecto no que se están a investir os cartos achegados polos municipios galegos, entre eles o de Redondela. A charla será esta tarde ás 19:30 horas no Multiusos do Piñeiral en Chapela.

Falarase nesta charla sobre a cooperación dende o punto de vista municipalista, con especial atención ao realizado en Haití. A encargada de achegarlle estes datos aos veciños será a supervisora do proxecto humanitario que se está a desenvolver en Haití de cara a mellorar a situación actual pero tamén a que había antes do terremoto, transformando as condicións anteriores. En concreto falará do proxecto orientado en gran medida á formación da sociedade encamiñado a aportarlle aos propios haitianos os recursos e os coñecemento para que poidan involucrarse na reconstrucción do pais Este cita forma parte dunha serie de charlas que se están a desenvolver en diferentes concellos de toda Galicia para achegarlle á sociedade cal é a situación actual neste pais logo de dous anos do tremor de terra que deixou milleiros de damnificados que continúan arrastrando as consecuencias do desastre natural. Logo de superar o andazo de cólera, efecto inmediato do terremoto, agora as críticas das ONGs e dos observadores internacionais céntranse na falta de seguridade que se vive nos propios campos de refuxiados, onde mulleres e menores son os mais vulnerables.  

Victoria Planas supervisora de proxectos
En dectaración a Radiofusión explicaba cal é o traballo que están a desenvolver na actualidade
Situación actual
Mulleres e menores son os máis vulnerables

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará