Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela TV renova imaxe e contidos

RR_Noticias

O canal de televisión local en Internet retoma as emisións a partir de mañá, logo dunha presentación pública que terá lugar no Multiusos o 1 de Decembro ás 21:00 horas. Os contidos nesta nova etapa afástanse un chisco da actualidade para ofrecer máis programación propia con series centradas en diferentes temáticas que van dende a historia ata o mar, pasando pola gastronomía e a natureza. Unha canle á que se pode acceder de xeito gratuíto no enderezo www.redondelatv.com

As dificultades técnicas para xestionar a páxina Redondela TV tal e como estaba pensada nun primeiro momento levaron ao seu responsable, Fernando Carrreira “Cuchi”, a redefinir o proxecto, nace a si a nova televisión local, unha canle en Internet que retoma a súa emisión na medianoite do xoves día 1 e cuxa presentación oficial farase no Multiusos da Xunqueira as 21:00 horas de mañá. Este novo canal ofrecerá a partir de agora menos información de actualidade e maior programación propia, con series dedicadas á historia, a gastronomía o mar ou o sendeirismo, entre outras temáticas. Outro dos cambios fundamentais nesta nova etapa é a redución do texto, que pasa a ser practicamente testimonial, en favor dunha maior presencia de imaxes que cobren o 95% do contido. Como exemplo desta nova andaina o director da cadea apunta que teñen xa gravados nove capitulo da serie “Antergos” coa colaboración do arqueólogo Xurxo Constenla que é o encargado de achegar a historia e prehistoria local aos internautas. Fernando Carreira entende que, ademais de facilitar o seu traballo, todos estes cambios farán mais atraínte para o usuario unha páxina web que aspira a converterse nun referente nas televisións locais en Internet.  

Fernando Carreira director de RedondelaTV
Unha canle en Internet que retoma a emisión con moitas novidades
Serie Antergos
A prehistoria local está presente tamén neste canal televisivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará