Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras de humanización obrigan a restrinxir o tráfico no Paseo da Xunqueira

RR_Noticias

A actuación permitirá renovar as beirarrúas entre o Concello e o edificio dos xulgados, onde se aproveita ademais para mellorar a canalización das augas. O proxecto contempla a mesma actuación no último tramo de Ernestina Otero, entre o supermercado Froiz e o acceso á zona do Salgueiral. Por outra banda, o concello está a acondicionar os xardíns da Alameda de cara ás festas do Nadal.

As obras prolongaranse durante toda esta semana e están financiadas a través dunha achega de 180.000 euros procedente da Plan Ágora da Consellería de Industria, que ten como obxectivo o apoio integral ao comercio. De feito o proxecto fora xestionado polo anterior goberno municipal e apoiado posteriormente pola Mesa Local de Comercio, o que permitiu acceder á achega económica da administración autonómica para a súa realización.
Ademais da renovación das beirarrúas entre o Concello e o edificio dos xulgados, ao carón do Multiusos, así como o último tramo da rúa Ernestina Otero, entro o supermercado Froiz e o acceso á zona do Salgueiral, a actuación complétase coa mellora da canalización das augas e do firme, para evitar que se formen bolsas de auga na calzada.
Acondicionamento da Alameda
Desde a Concellaría de Parques e Xardíns que dirixe Mª José Barciela, o concello de Redondela está a levar a cabo traballos de limpeza, roza, poda e plantación de novas especies, co obxectivo de arranxar os Xardíns da Alameda e poñelos a punto sobre todo de cara ás festas do Nadal onde se incrementa o número de veciños que empregan este espacio como zona de lecer.
O departamento de parques e xardíns quere con esta recuperación integral poñer en valor esta zona peonil con reposición de novas plantas como o ciclamen.
Tamén se fixo unha mellora da contorna do Cemiterio Municipal, tanto do novo como do antigo cemiterio do centro urbano, cambiando a estética e mellorando a zona, colocando unha serie de plantas novas e dotándoo de maior vistosidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará