Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cecilia Pérez Orge: “Nas áreas xestionadas polo BNG quedaban fondos para asumir o resto do ano”

RR_Noticias

As concellerías de Medio ambiente, Servizos sociais e Participación cidadá presididas polo BNG no anterior mandato contaban cun 50% do seu orzamento cando se produciu o cambio de goberno. Así o asegura Pérez Orge quen acusa ao PP de “faltar a verdade” cando afirma que en Medio Ambiente quedaba só o 6% do orzamento anual previsto.

A voceira do BNG, Cecilia Pérez Orge é categórica á hora de desmentir as críticas do PP que días atrás denunciaban o paupérrimo estado das arcas municipais. Concretamente a responsable de economía e facenda do PP asegurara que no mes de xuño na Concellería de Medio Ambiente quedaba tan so o 6% do orzamento anual previsto para gastos correntes. Unha afirmación que Orge asegura que é falsa “xa que nas concellería xestionadas polo BNG tanto en Servizos Sociais, como Participación Cidadá e medio Ambiente quedaba máis ou menos o 50% do previsto para todo o ano”. Engade a nacionalista que a política do Bloque no goberno foi sempre “xestionar mes a mes” e asegura que os populares están a empregar estes argumentos para “xustificar a falta de ideas e de proxecto para Redondela”. Pérez Orge apunta ademais que xa solicitou no Concello a información necesaria para demostrar que “o PP falta a verdade” e aproveita para criticar a “falta de transparencia e colaboración do novo goberno” que obriga aos concelleiro da oposición a solicitar toda a información por escrito.    

Cecilia Pérez Orge BNG
As concellerías gastaran a metade de ano máis ou menos o 50% do orzamento anual
Falta de transparecia
Asegura que pediu información para demostrar como estaba Medio Ambiente pero dende o concello están a dificultar o acceso a esa información

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará