Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela C.F. directo a pola permanencia

RR_Noticias

Cun novo adestrador e xogadores con máis experiencia na categoría, o club de fútbol de Chapela aposta por manterse na Primeira Autonómica “sen apuros”. O técnico, Moisés Calvar, entende que o equipo ten “calidade suficiente” para conseguir o obxectivo, e que só falta que os xogadores “o crean tamén”. Proba do seu bo nivel é a vitoria por 1-0 sobre o San Adrián, que perdeu o liderado do grupo en Chapela.

Facer bo fútbol e garantir a permanencia canto antes son os principais obxectivos do Chapela C.F. para a presente temporada na Primeira Autonómica. O seu novo adestrador, Moisés Calvar, amósase convencido de que o equipo ten un bloque “con calidade suficiente” para asumir ese reto e salvar a categoría “sen apuros”. Con todo, entende que falta que os xogadores “tamén crean” que son un bo equipo, e que se convenzan de posúen calidade para acadar os obxectivos. Por iso Calvar entende que o único que lle falta ó equipo é “certa veteranía”. Ata o de agora os resultados foron un tanto irregulares, logo de once xornadas acadaron catro vitorias, tres empates e catro derrotas. Con esta bagaxe o equipo está situado na metade da táboa, con quince puntos. Pero curiosamente o Chapela está acadando mellores resultados fronte ós que se supón que son os rivais máis fortes. O pasado domingo o San Adrián perdeu o liderado diante dos redondeláns, que lle gañaron por 1-0. O próximo rival do Chapela será o Marcón At., un equipo que se está a amosar bastante “irregular” no que levamos de liga e que ten a Moisés Calvar un tanto “desconcertado”. A súa situación na táboa colócaos dous postos por baixo do Chapela. Pero o técnico non se fía, e recoñece que non sabe “con que se van a atopar” no campo pontevedrés. E asegura que o feito de xogar fóra non ter por que ser un condicionante negativo. De feito o Chapela está a amosar un mellor xogo como visitante, mentres que no seu campo “a presión é maior”.  

Moisés Calvar adestrador
O técnico confía na calidade do equipo para acadar o obxectivo da permanencia.
Marcón At.-Chapela
Moisés define ó rival como un equipo irregular e confía en que o factor campo non prexudique ó Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará