Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden catro anos de prisión para o condutor que atropelou a un menor na Avenida Mendiño

RR_Noticias

O fiscal pide tamén para o imputado, José Antonio D.D., quen fuxiu do lugar dos feitos logo do atropelo, seis anos de retirada de carné. O tráxico suceso producírase na madrugada do 28 de novembro do 2010 nas inmediacións da discoteca la Fábrica.

O acusado cuadriplicaba a taxa de alcol permitira e era reincidente, xa que con anterioridade se lle retirada o carné durante oito meses precisamente por conducir en estado ebrio.
O ministerio público pide que o condutor sexa xulgado como suposto autor dun delito contra a seguridade vial, por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, e outro de homicidio imprudente co agravante de reincidencia. Ademais das penas de catro anos de prisión e seis de privación de carné, reclaman que o mozo, de forma conxunta e solidaria coa aseguradora, indemnice aos pais da vítima con 96.870 euros.
O atropelo, que se produciu en novembro do ano pasado, causou unha gran conmoción na localidade e levou a familiares e amigos do falecido a protagonizar unha marcha silenciosa para esixir xustiza e maiores medidas de seguridade vial na zona, onde se atopan ademais de varios locais nocturnos, a zona escolar e o centro de saúde. Meses despois esta demanda traduciuse na instalación de varios pasos de peóns elevados que obrigan aos condutores que circulan pola Avenida Mendiño a reducir a velocidade á que transita.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará