Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Menos adhesivos e máis transporte público

RR_Noticias

O Consello de Ministros aprobará hoxe o Plan de Mellora de Calidade do Aire, que entre outras cuestións inclúe a clasificación dos coches con adhesivos de distintas cores en función do seu grao de contaminación. Logo os Concellos poderán limitar a circulación dos vehículos máis contaminantes por determinadas zonas de especial protección. Os veciños de Redondela entenden que a medida “pode ser positiva”, pero advirten que “prexudicará ás persoas con menos recursos”, que non poden mercar un coche máis ecolóxico. Como alternativa máis eficaz propoñen unha mellora do transporte público.

O Goberno ten previsto dar luz verde durante a reunión do Consello de Ministros deste venres ao Plan Nacional de Mellora da Calidade do Aire. Impulsado polo Ministerio de Medio Ambiente, o programa incluúe 90 medidas entre as que figura a clasificación de coches con etiquetas de cores en función do seu consumo e as súas emisións de gases contaminantes. Así, os menos ecolóxicos serán sinalados cun adhesivo vermello e o número 1. Os outros catro niveis previstos (de maior a menor índice contaminante) son: adhesivo laranxa co número 2, amarelo co 3, verde co 4 e outro ton de verde co número 4+. O documento elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente prevé tamén a creación de zonas urbanas de atmosfera protexida. Os propios municipios serán os encargados de crear as súas zonas ZUAP, onde poderán prohibir ou limitar o acceso ós vehículos máis contaminantes. Veciños de Redondela, como Arximiro ou Lolo, entenden que todas as medidas que sirvan para frear a contaminación “son boas”, pero advirten que a etiquetaxe dos coches vai prexudicar “ás familias con menos recursos”, que non poden mercar coches máis modernos e ecolóxicos. Para Ana esta etiquetaxe dos vehículos supón volver a políticas “clasistas propias doutros tempos”. E apunta que a administración debería fomentar outras alternativas máis ecolóxicas, como o transporte público. María, veciña de Redondela, entende que sería “fundamental” ofrecer un servizo de autobuses eficaz nas distintas parroquias. Para outros como Jose hai outra alternativa máis ecolóxica e saudable, como é a bicicleta. Este veciño pensa que en xeral, a sociedade “abusa” do coche, xa que na maioría dos desprazamentos non é necesario. Con todo, o Plan de Mellora de Calidade do Aire entrará en vigor en breve, aínda que haberá que ver como se desenvolve, como o aplican os Concellos e como se van ver afectados algúns sectores profesionais como os taxistas ou transportistas.  

Lolo veciño de Redondela
Este veciño apunta que as adminstracións deberían fomentar o transporte público.
Ana
Para esta veciña trátase dunha medida clasista que vai prexudicar ós que menos teñen.
Jose
Jose é partidario de utilizar a bicicleta para os traxectos curtos e así evitar o coche.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará