Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello promove a creación do Consello Parroquial en nove parroquias

RR_Noticias

Un órgano consultivo que funciona en Chapela, O Viso e Reboreda e que podería instituírse en nove parroquias máis logo de que se acorde a súa creación no pleno que se celebra este xoves ás 20:00 horas no Multiusos. Na sesión AER proporá que se modifiquen os procedementos de contratación de obras e servizos para que estes sexan “máis transparentes”. Pola súa banda o concelleiro delegado de tráfico, Arturo González, comparecerá a petición do BNG.

Un total de nove parroquias contarán con consello parroquial no caso de que así se acorde no pleno municipal que se celebra este xoves ás 20:00 Multiusos da Xunqueira. No último mandato funcionaron no municipio os consellos parroquias de O Viso e Reboreda, presididos pola nacionalista, Mª Anxeles Babarro e o de Chapela, cuxa presidencia recaía no concelleiro socialistas Emilio González Iglesias. Os consellos parroquiais son órganos consultivos nos que están presentes representantes das diferentes asociacións culturais e veciñais que funcionan en cada unha das parroquias e serve, principalmente, para poñen en contacto aos propios veciños cos representantes do concello. Esta é a primeira vez na que se tentarán poñer en funcionamento estes Consellos en practicamente todas as parroquias do municipio, aínda que o seu funcionamento dependerá en gran medida da implicación futura do movementos asociativo.
Moción AERNa sesión do xoves abordaranse ademais as numerosas mocións presentadas pola Agrupación de Electores de Redondela entre as cales se inclúe unha proposta encamiñada a regular a contratación de obras e servicios que son competencia do alcalde. AER propón que se establezan unha serie de procedementos que ao seu entender beneficiarán a transparencia no funcionamento do concello de cara a evitar tamén a imaxe de corrupción que están a desprestixiar a participación política.
Uns procedementos que de aprobárense establecerán novos baremos a aplicar cando sexa necesario contrata un servizo externo para o desenvolvemento de calquera obra ou actividade. Proponse ademais na moción que haxa unha maior publicidade en todo proceso de contratación e que se cree unha comisión para establecer os mecanismos de control e seguimento das contratacións.
Comparecencia edil de tráficoPor outra banda, o concelleiro delegado de tráfico, Arturo González, comparecerá a petición do BNG para dar explicacións sobre as actuación acometidas polo seu departamento. Dende o Bloque solicitan que o edil explique entre outras cuestións as novas medidas que se tomaron ou pensan tomar para mellorar o tráfico e si pensan poñer en marcha campañas de concienciación entre a cidadanía.
A voceira do BNG, Cecilia Pérez Orge, recrimina na súa eptición de comparecencia que o “PP dende a súa chegada ao goberno nada teñan feito para mellorar o tráfico nos núcleos urbanos de Chapela e Redondela” onde se poden contemplar “aparcamentos en dobre fila, zonas de carga e descarga non delimitadas correctamente ou nulo control da zona hora”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará