Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colectivo Lúa Meiga critica a falta de apoio da Xunta ao movemento asociativo

RR_Noticias

Aseguran que a decisión do goberno galego de eliminar as axudas a asociacións e institucións culturais que desenvolven a súa actividade en Galicia para os anos 2011 e 2012, alegando un axuste de créditos con motivo da política orzamentaria, supón “unha castración progresiva do movemento asociativo”.

Entenden no colectivo Lúa Meiga que concello como o de Redondela converteríanse “nun cadaleito cultural coas parroquias totalmente desatendidas e os actos culturais da vila reducidos á mínima expresión” sen a rede de asociacións existente, motivo polo que fan un chamamento á restitución por parte da Consellería de Cultura da liña de axudas á cultura de base, diversificando os recursos de que dispón, e non “centrándose unicamente en investimentos faraónicos ou dunha teórica grande repercusión”.
O presidente do colectivo, Xosé Covelo, fai un chamamento aos responsables políticos a nivel local a que dean un paso adiante para que ningunha asociación cultural deixe de desenvolver as súas actividades afogados pola diminución de apoios para os seus proxectos.
Por outra banda, Covelo cualifica de “improcedente e falto de seriedade” convocar unha orde de axuda e desconvocala despois de que centos de asociacións presentaran os seus proxectos, deixando no aire o futuro desta liña de subvencións que condena a moitas asociacións a subsistir sen axudas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará