Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empate do Paraxe Chapela na súa visita ao campo do líder e vitoria da SAR na casa

RR_Noticias

O Ademar non puido cos xogadores de Fran Teixeira nun encontro que rematou en empate a 26 goles. A SAR ofreceulle unha vitoria aos seus seguideres no partido disputado na bomboneira ante o Cangas.

Remontada da SAR Pastic Omnium no segundo tempo do encontro disputado na Bomboneira. Logo de chegar ao descanso co resultado de 10 goles a 17 a favor do equipo Explotaciones do Morrazo, os redondeláns reaccionaron e puideron ofrecerlle unha vitoria aos seus seareiros, aínda que fora pola mínima. Un partido que remataba co resultado de 30 goles a 29 o que permite ao equipo redondelán escalar postos na clasificación.
Non logrou a vitoria o Paraxe Construccións Chapela na súa visita ao campo do líder o Ademar, aínda que o empate a 26 goles e o reparto de puntos sérvelle aos de Fran Teixeira para manterse nos postos altos da táboa.
Así as cousas, na vindeira xornada o Chapela, cuarto na clasificación recibe ao Cafés Toscaf. Pola súa banda a SAR, que ocupa o décimo posto na categoría, xogará preto da casa, desprázase ao campo do Porriño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará