Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Erotismo con mensaxe en Soutomaior

RR_Noticias

A Concellería da Muller organiza por terceiro ano consecutivo o concurso de relatos eróticos “Punto e seguido” co obxectivo de promover a educación efectivo sexual e favorecer a eliminación de tabús e estereotipos sexistas. Unha actividade que se completa coa celebración da I mostra de arte erótico.

As obras que se presenten a concurso deberán estar escritas en galego cunha extensión máxima de 600 palabras e presentadas no CIM de Soutomaior antes do 4 de novembro. O xurado valorará que o texto reflicta actitudes e valores igualitarios e a ruptura de estereotipos sexistas, especialmente os relacionados co erotismo e a sexualidade. O premio consiste nunha fin de semana para dúas persoas a media pensión no Castelo de Soutomaior. O concurso complétase este ano coa celebración da I mostra de arte erótico, aberta a obras de pintura, escultura e fotografía, que tamén deberán presentarse antes do 4 de novembro. Dende o CIM animan a todos os que o desexen a participar en calquera das dúas actividades, abertas a todo o público en xeral. Máis información na web do concello www.soutomaior.com

Cristina García CIM
Un concurso aberto a todos os que presenten os seus relatos
Mostra erótica
Un xeito de enmarcar o concurso con obras de pintura escultura e fotografía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará