Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, máis preto de facer realidade o proxecto do Museo de Rande

RR_Noticias

Un dos principais requisitos para poder poñer en marcha o proxecto da Aula de Interpretación da Batalla de Rande, conseguir a titularidade da parcela, vai polo bo camiño. A Autoridade Portuaria de Vigo amosouse disposta a ceder os terreos para crear o centro de interpretación da Batalla de Rande. A concellería de Cultura tentará que os restos arqueolóxicos que poidan rescatarse da ría formen parte dos seus fondos.

Redondela ven de dar un paso cara adiante para facer realidade o proxecto do Museo de Rande. A Autoridade Portuaria amosouse disposta a ceder os terreos para crear un centro de interpretación da Batalla de Rande. O presidente do Porto, Ignacio López-Chaves, entrevistouse onte co alcalde, Javier Bas, e o concelleiro de Cultura, Alberto Pazos, e comprometeuse a adxudicar ó Concello a parcela coñecida como a antiga “fábrica do alemán”. Este é o lugar escollido polo Concello e a Asociacións Culturais de Rande para poñer en marcha o proxecto, xa que é o lugar onde se desenvolveu a batalla en 1702. A cesión destes terreos é un trámite indispensable para que o Concello poida acometer o investimento, incluído no Plan Marisma II e que ascende a 1.200.000 euros achegados por fondos da Unión Europea. Pazos Couñago salientou que o trámite farase do xeito “máis rápido posible” para poñer en marcha o proxecto, e lamentou que o anterior goberno local “non tivera iniciado as xestións”. En canto ós últimos achados atopados nos fondos mariños da ría con restos da batalla, o edil de Cultura entende que deberían formar parte dos fondos do museo redondelán. As últimas investigacións do equipo que dirixe o arqueólogo Javier Luaces confirman a existencia dun mínimo de seis pecios da contenda naval, restos de canóns, e outras partes dos buques, que se atopan en bo estado. Alberto Pazos amosouse prudente, xa que “queda moito traballo por diante para saber se poden recuperarse eses restos do fondo da ría”. Con todo, amosouse disposto a facer “todo o posible” para que eses restos arqueolóxicos queden en Rande.  

Alberto Pazos concelleiro de Cultura
O obxectivo do Concello é axilizar os trámites para contar cos terreos canto antes.
Restos arqueolóxicos
Pazos tentará que os achados arqueolóxicos formen parte do Museo de Rande.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará