Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría de Redondela organiza unha protesta para esixir a fin dos vertidos na Enseada

RR_Noticias

  A xunta xeral da Confraría de Pescadores “San Juan” de Redondela acordou convocar unha concentración de protesta baixo o lema “Non máis vertidos á Enseada de San Simón”. O colectivo denuncia que ano tras anos continúa a contaminación industrial nesta zona da ría “tan sensible”, e esixen das autoridades competentes que se tomen medidas “dunha vez por todas”. Por iso convocan á cidadanía a unha concentración que se celebrará o sábado día 17 de setembro ás 11.00 horas no Peirao de Cesantes.

De xeito reiterado as confrarías da ría de Vigo veñen denunciando a presenza de vertidos no mar. No caso do pósito redondelán lamentan que co paso do tempo as administracións “non teñen feito nada por resolver este problema”, que afecta gravemente á Enseada de San Simón. Os vertidos industrias que chegan á ría son especialmente prexudiciais no litoral de Redondela, unha zona “especialmente sensible” á contaminación, como apunta o secretario da Confraría, Anxo Lusquiños. Na zona da Enseada de San Simón, ao tratarse da zona de “fondo de ría”, as mareas non chegan a rexenerar os fondos mariños, polo que os vertidos “teñen consecuencias aínda máis graves”. Para esixir ás autoridades competentes que o problema se solucione, a xunta xeral da Confraría de Pescadores “San Juan” de Redondela acordou convocar unha concentración de protesta baixo o lema “Non máis vertidos á Enseada de San Simón”. Será o sábado día 17 de setembro ás 11.00 horas no Peirao de Cesantes, e convidan a toda a cidadanía a participar. Explica Lusquiños que deste xeito tentan frear a perda dos recursos marisqueiros e pesqueiros da zona, e salvar a supervivencia da propia Enseada. Transvase do río Verdugo Desde a Confraría de Redondela amosan tamén o seu malestar ante a posibilidade de que se realice un transvase de auga do río Oitavén ó río Verdugo. Unha posibilidade que negocian Xunta e Concello de Vigo para garantir a subministración de auga á cidade olívica. Anxo Lusquiños entende que unha actuación dese tipo “debe contar cun estudo de impacto ambiental”, ao tratarse dunha zona incluída na Rede Natura. Do mesmo xeito que denunciaron desde a Asociación de Naseiros de Arcade Alvedosa, o pósito redondelán tamén entende que a redución de auga doce á Enseada de San Simón suporá un serio prexuízo na cría de moluscos.  

Anxo Lusquiños secretario da Confraría
Coa protesta o sector esixirá ás autoridades que se poña fin ós reiterados vertidos á enseada.
Transvase do río Verdugo
No pósito redondelán entenden que o transvase prexudicará ó marisqueo na zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará