Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A cor protagoniza a exposición de Darío Álvarez no Multiusos da Xunqueira

RR_Noticias

Dos mercados de Marrakech ao porto de Tánxer, os visitantes da mostra de pintura de Darío Álvarez poderán deixarse seducir pola luz do norte de África, con imaxes sinxelas e cheas de cor que nos transportan a un mundo de sensacións. Unha exposición que está aberta ó público ata o 1 de outubro.

O artista vigués Darío Álvarez expón unha ampla colección de óleos no Multiusos da Xunqueira. Unha mostra na que a luz e a cor son as protagonistas, con imaxes que nos levan ata o norte de Marrocos, pero tamén ó porto do Berbés de Vigo. O pintor, que se iniciou na arte na Escola de Artes e Oficios de Vigo, ten exposto a súa obra en diferentes centros de Galicia e Portugal. Ó mesmo tempo o seu traballo foi reclamado para a elaboración de murais de grande formato en Miami e Madrid. Logo de percorrer boa parte do mundo: desde Brasil ata Uzbekistán, pasando por Cuba, México, Rusia, India, China e Norte de África, recala agora en Redondela onde os visitantes poderán gozar dun traballo “A cor da mirada”, que envolve ó espectador na luz das imaxes sinxelas e cargadas “de alma”, como afirma o propio autor. Unha exposición que poden visitar no Multiusos da Xunqueira ata o 1 de outubro.  

Darío Álvarez pintor
O arista apunta a cor como clave da súa obra con protagonismo de Marrocos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará